Rapaces e rapazas de sexto de primaria descubriron como funciona o xornal por dentro.
A redacción de Vieiros recibiu este martes unha visita moi especial. O alumnado de sexto curso de primaria do colexio Raíña Fabiola, de Compostela, e mais o profesorado, achegouse á nosa sede da rúa do Pombal para coñecer como facemos este xornal dixital. Algúns rapaces mesmo recoñeceron a súa vocación xornalística. Non sabemos se, despois de descubrir como funciona isto, esa vocación se reforzaría ou non.