Os socialistas sinalaron que revisarán "un a un" os 17 votos declarados nulos neste concello, de onde é oriúndo Xosé Blanco.
Vista aérea de Palas de Rei
Os votos declarados nulos no municipio de Palas de Rei vanse revisar "un a un", esta cuarta feira, na Xunta Electoral de zona de Chantada, segundo informaron aos medios fontes socialistas..
Neste municipio só existe unha diferencia de dous votos entre o PPdeG (1.432) e o PSdeG (1.430), que de momento danlle a maioría absoluta aos populares con seis concelleiros provisorios por cinco dos socialistas. O BNG non ten representación.
No concello, de onde é o secretario de Organización do PSOE, Xosé Blanco, rexistráronse 17 votos nulos que poden resultar determinantes para ratificar o resultado inicial ou variar a composición da futura corporación.
No último mandato de goberno o PPdeG tiña a maioría absoluta con oito edís, por dous do PSdeG e un do BNG.