Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PARA PROGRAMAS DE SOFTWARE LIBRE E VÍDEOS DIDÁCTICOS

Novos premios para ferramentas educativas dixitais en galego

A Xunta repartirá 52.000 euros na próxima convocatoria do Premio a Recursos Educativos para a Sociedade da Información

Redacción - 13:37 28/05/2007

O Diario Oficial de Galicia publicará proximamente a convocatoria do Premio a Recursos Educativos para a Sociedade da Información. Son en total 52.000 euros a repartir en catro categorías: ferramentas de autor, materiais curriculares web, aplicacións de software libre e galerías de imaxes e vídeos didácticos.

Os premios están destinados aos mestres do ensino público non universitario, segundo informa o portal do PEGSI. O prazo de presentación de candidaturas, que non se abrirá ata a publicación no DOG, rematará o vindeiro 15 de setembro.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: