Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
100% escrutado

Lugo: a abstención róuballe a Orozco a maioría

O PSdeG perde case seis mil votos respecto a 2003. O BNG recolleu máis dun milleiro e o PPdeG uns trescentos. Ulos restantes? Cinco mil votantes socialistas de hai catro anos ficaron este domingo na casa.

FAA - 00:00 28/05/2007

"O pobo de Lugo quixo que non tivese maioría absoluta, e o pobo de Lugo nunca se equivoca". Xosé Clemente López Orozco anunciaba na noite do domingo a súa vitoria máis amarga. O alcalde vai ter que volver negociar cos nacionalistas como hai oito anos, mais desta volta os do BNG xa están curados da amarga experiencia da 'fagocitación' de hai catro.

En 2003, os socialistas recibiron 28.089 votos. Este domingo, 23.375, e perderon un concelleiro e a maioría absoluta. O PPdeG, pola súa banda, gañou 365 respecto as últimas municipais, chega aos 18.428 e fica con nove representantes.

O grande vencedor, o BNG

É o BNG o grande vencedor dos comicios en Lugo. Aumenta a porcentaxe de voto en tres puntos, sobe de 6.285 a 7.417 electores, acada un concelleiro máis e entra a formar parte do goberno. Máxima rendibilidade.

Mais a verdadeira clave destas municipais lucenses foi a abstención rexistrada, 35,51%, e que provocou a caída da maioría absoluta de Orozco. Non é unha cifra demasiado elevada (en 1999 foi do 38,93%), ao contrario, a alta participación rexistrada hai catro anos (as eleccións do Prestige) foi anormalmente alta.

Xa só compre agardar a ver que relación manterán os dous socios de goberno en temas tan peliagudos como a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: