De asistentes sociais a médicos, o Reino Unido quere os máis pequenos datos para controlar o potencial "risco social" de todos os cidadáns.
O proxecto de lei facilita que as administracións poidan acceder a "información valiosa" sobre calquera persoa da que se estabeleza que existe perigo de que poida cometer "actos graves de violencia ou que poidan converterse en vítimas". Así, fixa a obriga para todo o funcionariado de colaborar, alertar e proporcionarlle todo tipo de datos á policía ou calquera outra autoridade.
Segundo a información avanzada polo diario The Times, para xestionar todo ese volume de información vaise crear unha nova axencia "espía" para a interrelación de toda a información compartida sobre os cidadáns, co obxectivo de detectar "posíbeis delincuentes". As asociacións en defensa das liberdades cívicas saíron novamente en denuncia do que consideran un ataque á privacidade dos cidadáns.