Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
municipais07

Quintana e Feijoo contra... Orozco

O alcalde de Lugo enfróntase o luns á noite ao portavoz nacional do BNG e ao presidente do PPdeG.

Redacción - 14:25 14/05/2007

O alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco, será o representante do PSdeG no debate sobre as eleccións municipais que se emitirá o luns á noite na Galega. O presidente da Xunta e secretario xeral do partido, Emilio Pérez Touriño, declinou o ofrecemento e anunciou que será Orozco o que represente os socialistas.

Para Touriño, é a persoa máis axeitada, pois goberna dende 1999 e en 2003 acadou a maioría absoluta na cidade das murallas. Ademais, López Orozco “non tapará nin substituirá” os candidatos que se presentan aos comicios do día 27. O presidente da Xunta dixo que non estará no debate televisivo porque “son eleccións municipais”.

Orozco terá diante os dous pesos pesados dos outros grandes partidos do país: Anxo Quintana, polo BNG, e Alberto Núñez Feijoo, polo PPdeG. Este último deixou entrever que non acudiría se Touriño non comparecía en representación do Partido Socialista, pero, ao final, o domingo, confirmou que estará no programa Hai debate!, a partir das once e media da noite.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: