Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O 6,2% do negocio xa o fai fóra do contorno estatal

Coren aspira a competir forte no mercado inglés

A maior cooperativa agraria do Estado presenta contas: facturou 866 millóns en 2006.

Redacción - 16:30 11/05/2007

A actividade comercial de Coren ten entre as súas prioridades o acceso ao mercado británico, especialmente no mercado porcino onde o Reino Unido importa até o 50% do que consume. O grupo galego introduciuse xa nas tendas, onde compite coa produción de Dinamarca, Holanda e Alemaña. Os xamóns das marcas Louriño ou Lourisierra, curados nos secadoiros de NovaFrigsa, en Lugo, están xa nas mesas daquel país. A rede de distribuidores de Coren chega a países como Francia, Alemaña, Holanda e Bélxica.

Durante o último ano a cooperativa ourensá facturou un total de 54 millóns de euros fóra do Estado español, o 6,2% do volume de negocio. Nese período, aumentou ademais a facturación total até nun 2,97% con respecto ás cifras de 2005. Dos últimos doce meses, o grupo Coren destaca especialmente o investimento realizado nun centro de procesado avícola inaugurado este verán preto da cidade de Ourense. Os 120 millóns de euros inxectados deron lugar a unha obra cualificada desde a cooperativa como "a máis avanzada no seu sector dentro da Unión Europea". Na presentación das contas, o grupo destaca a capacidade de adaptación demostrada fronte ás viraxes do mercado e a anticipación ás demandas dos consumidores.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: