Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Un mes antes do cumio

A policía alemá arrampla nas sedes de activistas contra o G8

Colectivos alterglobalizadores denuncian a "criminalización" dos grupos, logo de que a policía realizase varias redadas en casas e sedes de colectivos.

Redacción - 08:00 10/05/2007

Queda aínda un mes para que os líderes das economías que lideran o planeta viaxen até Alemaña para a reunión do G8, pero colectivos sociais de todo o mundo, especialmente en Europa, levan tempo organizando actividades e difundindo información crítica contra esa xuntanza.

Fronte á mobilización cidadá que abrolla pola rede, o executivo alemán autorizou unha serie de operacións nas que están participando até un milleiro de policías. Nas últimas horas realizaron rexistros en casas particulares e en oficinas en diversas cidades, como Berlín, Hamburgo ou Bremen. Os rexistros teñen o presunto obxectivo de frear as accións de protesta preparadas por grupos alterglobalizadores no cumio do G8 que se celebrará entre o 6 e o 8 do próximo mes de xuño na localidade de Heiligendamm.

Desde a policía alemá insinuaron o presunto "trasfondo terrorista" dalgunhas actividades deseñadas por estes activistas. Varios colectivos sociais acusan de "criminalización" estas operacións e láianse dos escesos policiais que levaron á detención de arredor de dúas ducias de persoas.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: