Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA DECLARACIÓN DA RENDA

A Federación Estatal de Gais inicia unha nova campaña contra os donativos de IRPF á Igrexa

O lema elixido é “nin un céntimo para quen te discrimina”

Redacción - 12:12 07/05/2007

A campaña da renda vén outra vez marcada polo enfrontamente entre os colectivos gais e a Igrexa. A Federación Estatal de Lesbianas, Gays, Transexuales y Bisexuales, FELGT puxo ca en marcha a campaña “nin un céntimo para quen te discrimina, na declaración da renda marca outros fins sociais”. A plataforma leva adiante esta iniciativa dende 1999.

Segundo explican, a intención é mostrar o rexeitamento á postura da xerarquía católica no que respecta á dignidade deste colectivos. A campaña consta de 20.000 carteis e de 50.000 postais para enviarlle ao Presidente da Conferencia Episcopal Española, na que se explican as razóns do boicot.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: