Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Non hai rastro dos tres tripulantes

Aparece en Australia un iate á valga, baleiro e coa mesa posta

A Policía cre que puideron saír a nadar e esqueceron baixar a escada para regresar á cuberta.

Redacción - 17:46 20/04/2007

Un misterioso iate pantasma aparecido en Australia ten a Policía sobre brasas. A embarcación, atopada polos servizos de emerxencia do estado de Queensland, estaba deserta, sen tripulación nin bote salvavidas, pero coa mesa posta e os ordenadores acesos.

O Kaz II partira o domingo de Arlie Beach, ao norte do estado, con tres homes a bordo, e apareceu á valga o mércores. Non hai rastro de ningún dos tres pasaxeiros. Segundo un voceiro do servizo de emerxencias de Queensland, todo parecía normal, co motor en marcha e en punto morto, e a radio e o GPS en funcionamento, aínda que cunha vela danada.

Helicópteros, avións e barcos seguirán buscando nos vindeiros días polos desaparecidos nun raio de 700 millas náuticas, tendo en conta tamén o itinerario rexistrado no GPS. Especúlase que a desaparición dos tripulantes se deba a que se botaran a nadar no mar sen teren despregada a escada do barco para volver subir.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: