Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No primeiro trimestre do ano

Un total de 39 centros participaron nos campamentos en defensa do monte

O programa Vive en defensa do monte galego afonda na concienciación dos escolares sobre a importancia de preservar e coidar a riqueza forestal do país.

Redacción - 10:11 20/04/2007
Algúns dos participantes, en Vilanova de Arousa

Algúns dos participantes, en Vilanova de Arousa

Un total de 39 centros educativos participaron, dende o 15 de xaneiro até o 29 de marzo, nos campamentos en defensa do monte galego postos en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude. O obxectivo foi o de concienciar os escolares da importancia de preservar e coidar a riqueza forestal do país.

O programa piloto Vive en defensa do monte galego comezara xa o 6 de novembro de 2006, e contou coa participaron de 14 centros escolares e un total de 91 alumnos. Xa que logo, a Dirección Xeral de Xuventude decidiu estender o proxecto para concienciar os mozos da importancia da prevención como método de conservación do patrimonio natural, analizar os impactos do problema dos lumes e recuperar os montes.

Actividades diversas

Durante estes campamentos, en que que participaron alumnos de 3º e 4º da ESO e de 1º de BAC, plantáronse especies herbáceas -gramíneas e leguminosas-, recolléronse sementes de especies arbustivas de alto interese faunístico e realizouse un viveiro e secador de especies arbustivas e caducifolias, entre outras actividades.

Ademais, realizáronse rutas divulgativas para fortalecer os coñecementos en fitoxeografía e en identificación de especies, talleres de reciclaxe e actividades de interpretación do patrimonio natural. Tamén se analizaron os impactos dos lumes en ríos, rías e na atmosfera, e realizouse unha aproximación ao aproveitamento sustentábel do medio rural.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: