Con este proxecto pretendese protexer a rexeneración dos recursos e a conservación da flora e a fauna do medio mariño e a súa diversidade.
O Goberno vai impulsar a creación da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro d'Os Miñarzos, na zona de Lira-Carnota (Muros), a primeira que se pon en marcha no país.
A decisión supón delimitar xeograficamente esta área protexida e estabelecer os límites de uso e prohibición da pesca na reserva, así como a configuración dun sistema de xestión e a participación do sector pesqueiro.
Coa súa creación, a Consellería de Pesca e a Confraría de Lira, impulsoras da iniciativa, pretenden darlle protección á rexeneración dos recursos pesqueiros, impulsar a pesca e o desenvolvemento sustentábel, e conservar a flora e fauna do medio mariño e a súa diversidade.
Sensibilización ambiental sobre o mar
Ademais, segundo sinal a Xunta, trátase de fomentar a sensibilización ambiental sobre o mar e divulgar os valores pesqueiros da costa, así como favorecer os estudos científicos sobre medidas de protección dos recursos pesqueiros.
A creación desta reserva aportará novas oportunidades socioeconómicas no eido do turismo, favorecerá a diversificación das actividades da comunidade pesqueira, e porá en valor a cultura mariñeira, salientan dende a Administración.
O Decreto que aproba a súa posta en marcha estabelece a delimitación da zona nun área de interese pesqueiro e dous de reserva integral. Na primeira, permitirase a pesca, mentres que nas outras, estará prohibida.