Á eterna pregunta que moitos galegos e galegas se fan nalgún momento das súas vidas podería ter resposta o diario estadounidense The New York Times.
A web do diario neoiorquino The New York Times pon a disposición dos seus lectores unha útil ferramenta (iso si, en inglés e en dólares), que permite calcular, tendo en conta diversas variábeis persoais, cal é a opción máis rendíbel á hora de acceder a unha vivenda: ben mercar, ben alugar.
Así, por exemplo, pódense introducir datos como o custo mensual da hipoteca, os impostos ou o salario, así como tamén as hipotéticas subidas ou baixadas na apreciación do valor da casa en cuestión.