Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
O CXG impulsa o concurso 'Lingua de amor'

Dillo en galego... e na rede

Un xurado escollerá as mellores declaracións amorosas no noso idioma enviadas pola xente nova.

Redacción - 13:59 11/04/2007
Cartel do concurso

Cartel do concurso

O 17 de maio conmemórase, asemade, o Día das Letras e o Día da Internet. Para conxugar a promoción do idioma e mais o seu uso nas novas tecnoloxías, o Consello da Xuventude de Galicia (CXG) convocou o concurso de declaracións na rede Lingua de amor.

Para participar, hai que ter entre 14 e 30 anos e enviar mensaxes amorosas de non máis de 350 carácteres, en galego e inéditas. As declaracións recibidas optan a tres premios: unha videocámara, unha cámara de fotos e un MP4, ademais de cadanseu lote de libros. As bases pódense consultar nun tríptico que se atopa na web do CXG.

Co concurso, preténdese vencellar a mocidade do país coa nosa lingua e incrementar a percepción do galego como un idioma útil para o lecer, a busca de parella e as novas tecnoloxías. Búscase, así, conquistar novos ámbitos de uso da lingua, dado que moita xente nova emprega o castelán na internet, no correo electrónico e nos chats.

O prazo para enviar as declaracións de amor remata o 15 de maio. Dende o primeiro día do mes poderanse ler as mensaxes no enderezo linguadeamor.eu.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: