A decisión do tamén presidente de Toxos e Froles obedece a motivos "estritamente persoais".
Segundo informa o diario La Voz de Galicia na súa edición de Ferrol, o candidato de Terra Galega por esta cidade, o presidente do colectivo musical Toxos e Froles, Pedro Sanz, presentou esta terza feira a súa dimisión.
Esta decisión chega dous meses despois de ser proclamado como candidato da formación nacionalista, que ten no veciño municipio de Narón a un dos seus homes fortes, Xoán Gato.
As explicacións tras as eleccións
Segundo explicou o propio Pedro Sanz, a decisión responde a motivos "estritamente persoais", dos que informará pasadas as eleccións municipais do 27 de maio.
No entanto, continuará participando nos labores do partido como un afiliado máis. "Conto con que a miña baixa no produza ningunha alteración, xa que son moitos os que están a colaborar con este partido", manifestou.