Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No tipo 1 desta enfermidade

O tratamento da diabetes con células tronco pode eliminar o uso da insulina

Unha terapia experimental con células madre, que busca bloquear o desenvolvemento da diabetes tipo 1, podería liberar aos pacientes de teren que usar insulina para se trataren.

Redacción - 11:47 11/04/2007

Científicos brasileiros e estadounidenses levaron a cabo unha terapia con quince mozos diagnosticados co tipo 1 da diabetes, consistente na transfusión de células tronco propias para o seu tratamento. Catorce destas persoas non precisaron do uso de insulina, nalgúns casos, durante anos.

Porén, os expertos, que fixeron publico o estudo na revista médica Journal of the American Medical Association, advertiron de que as súas investigacións son aínda "preliminares e inconclusas".

O brasileiro Julio Voltarelli, investigador da Universidade de São Paulo, é o responsábel do tratamento experimental. Outro dos autores do estudo, Jay Skyler da Universidad de Miami, sinalou: "Este estudo é o primeiro do que probabelmente serán moitos intentos en terapia celular para inhibir o proceso desta doenza".

Autodestrución das células pancreáticas

O tipo 1 da diabetes está provocada polo sistema autoinmune do propio paciente, que destrúe as células produtoras de insulina no páncreas. As persoas con este tipo de enfermidade débense inxectar regularmente esta hormona para nivelar o azucre en sangue.

A diabetes de tipo 1 representa só entre o 5% e o 10% dos casos da doenza, mais pode derivar en complicacións graves, como crise cardíaca, cegueira ou amputacións.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Lámina do libro 'Zell-substanz, Kern und Zelltheilung', de Walther Flemming
Lámina do libro 'Zell-substanz, Kern und Zelltheilung', de Walther Flemming