Trescentas mulleres pedalean a prol da paz desde Siria hai poucos días. Mentres, outra marcha vai de Budapest cara a Alemaña contra o cumio do G8.
O pasado xoves 5 de abril comezou a marcha ciclista Shake G8 Bike-Ride. A caravana saíu da capital húngara, Budapest, e forma parte das actividades organizadas por colectivos altermundistas europeos en protesta arredor do cumio do G8.
Os ciclistas chegará até Heiligendamm, pequena vila na costa alemá fronte ao Báltico onde entre o 6 e o 8 de xuño se reúnen os representantes dos países máis poderosos do planeta. Na marcha participan activistas de diversos países e inclúe diversas convocatorias divulgativas en cada unha das cidades onde irá parando.
Mulleres pola paz
Tamén por outro mundo posíbel soben á bicicleta un grupo de mulleres en Oriente Próximo. Na bici pola paz marchan desde esta semana e até o día 18 de abril representantes de 30 países diferentes, en protesta pola violencia na zona e animando a unha solución ao conflito.
Esta marcha organizouse por vez primeira en 2004, e nesta edición ten un programa aínda máis ambicioso, xa que durante o seu paso por Palestina organizará unha conferencia sobre xustiza e paz onde reunirá a voz de mulleres palestinas e israelís coa fin de "tentar achegar posicións, aínda que sexa de maneira simbólica".