Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Estratexia en favor do libro

O Plan de Lectura céntrase na promoción e no traballo á beira dos sectores implicados

Inclúe o investimento de até 50 millóns de euros entre 2007 e 2011 para o fomento da lectura.

Redacción - 09:00 11/04/2007
Tags: lectura libro

Haberá un traballo importante á beira de todos os actores implicados: edición, deseño, impresión, comercialización, bibliotecas e librarías, segundo explicou este martes no Parlamento a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo. Os obxectivos serán mellorar a imaxe social do libro e da lectura, incrementar "en cantidade e calidade" a oferta, incidir especialmente na xente máis nova e a través do ensino e reforzar a formación do persoal de promoción da lectura.

A conselleira destacou o consenso na Mesa do Libro, o adianto dos proxectos sobre os prazos inicialmente marcados e avanzou que o Plan de Lectura chegará en poucas semanas á cámara. O proxecto camiña con paso firme só tres meses despois de que entrase en vigor a Lei do Libro, e na súa comparecencia, Ánxela Bugallo salientou tamén o apoio que cara a ese desafío engaden as iniciativas concretas xa promovidas para a mellora da rede de bibliotecas ou a promoción da edición en galego.

Bugallo confía en que esta estratexia mellore os índices de lectura e reforce o tecido creativo e empresarial dun sector que define como "estratéxico". A conselleira insistiu na importancia cultural e económica desta aposta e indicou que contribuirá á "implicación na participación democrática dunha cidadanía culta e ben informada".

Anunciou tamén que en pouco tempo vaise aprobar o decreto que regulamenta o funcionamento do Consello Asesor do Libro. Este organismo vaise encargar do estudo do sector, ademais de asesorar a propia administración. Dos seus quince membros, oito serán elixidos polo propio sector. Tamén de xeito inminente, sairá á luz o Plan de Desenvolvento da Industria do Libro, coa fin de "mellorar a capacidade competitiva" do sector.


Ligazóns

1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: