Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A FENDA DE XÉNERO DESAPARECE NOS CATIVOS

As nenas galegas usan internet máis ca os nenos

A Xunta financiará contidos de calidade contra a “perda da identidade” e os “vicios potenciais” da rede para os máis novos

M.V. - 13:46 03/04/2007
As nenas usan máis os móbiles/ Foto: Ianus

As nenas usan máis os móbiles/ Foto: Ianus

Os últimos datos do INE confirman que Galiza segue á cola do uso das novas tecnoloxías no estado. Porén, esta fenda dixital case non existe entre os máis novos, especialmente entre as nenas.

Así, o 67,2% dos galegos entre 10 e 14 anos conectouse nos últimos tres meses, a penas tres puntos menos ca media estatal. Entre os maiores de 16 anos, a fenda dispárase por riba dos oito puntos.

Invértese a fenda de xénero?
No caso das nenas do país, a proporción de internautas é case idéntica á estatal, en torno ao 72%. Son 10 puntos máis cos galegos desa idade. Ademais, é tamén máis alta a porcentaxe de rapazas que teñen teléfono móbil, un 55% fronte a un 49%.

Isto indica que a fenda tecnolóxica de xénero que se dá na sociedade en conxunto pode estar a desaparecer ou mesmo a inverterse entre os máis novos. Cómpre lembrar que o Plano Estratéxigo Galego da Sociedade da Información (PEGSI)recolle, por exemplo, que "a proporción de galegas que nunca usou internet é 20 puntos superior á dos galegos".

Subvencións contra os "vicios potenciais"
Este documento -que guía as políticas para a internet da Xunta- indica que o goberno financiará a elaboración de “produtos de calidade” para os nenos. Estes contidos deberán estar baseados nos valores de “identidade, diversidade e igualdade”.

E que o goberno estima que existen unha serie de "vicios potenciais" que ameazan ós máis novos no ciberespazo. Entre eles o PEGSI sinala especificamente ao "illamento, violencia, adición, fomento do consumo e perda de identidade”.


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: