Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PARA BLINDAR UNHA FUTURA SUCESIÓN

Amancio Ortega comeza a darlle responsabilidades á súa filla á fronte de Inditex

Marta Ortega pasa a ser vicepresidenta de dúas sociedades que controlan case o 60% da multinacional.

Redacción - 19:09 02/04/2007
Tags:
Amancio Ortega

Amancio Ortega

O presidente de Inditex, Amancio Ortega, achánzalle o camiño á súa filla de cara o futuro. Marta Ortega é, dende o pasado mes de decembro, segundo a revista Capital, vicepresidenta de dúas sociedades limitadas (Gartler e Partler) que controlan case o 60% da multinacional.

Segundo Capital, a moza, de 24 anos de idade, vai entrar nos vindeirs meses no consello de administración. Con este movemento o principal empresario do país estaría a blindar a filla de cara á súa sucesión. Ortega, de 71 anos de idade, conta cun patrimonio superior aos 18.000 millóns de euros, o que o converte nunha das dez persoas máis ricas do mundo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: