ADEGA condena esta prática e esixe aos organismos competentes que erradiquen este problema, e contribúan a ter o monte limpo, xa que é de todos.
A pasada fin de semana, durante unha visita do voluntariado en defensa do monte galego ás zonas do monte Xiabre onde actuou este dispositivo, observouse a existencia de varios puntos onde estaban depositados grande número de neumáticos, cascallos de obra, electrodomésticos, e mesmo automóbiles abandonados (estes últimos xa calcinados polos incendios do verán pasado).