Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O TURISMO E A PESCA SON DOUS ASUNTOS CRUCIAIS

Galiza e Cabo Verde intensificarán as relacións comerciais e de cooperación

O presidente galego, Emilio Pérez Touriño, recibiu este xoves en Compostela ao primeiro ministro caboverdiano, José Maria Pereira Neves.

Redacción - 18:05 22/03/2007
As delegacións dos dous países compartiron un xantar

As delegacións dos dous países compartiron un xantar

A reunión entre os dous mandatarios celebrouse no Pazo de Raxoi. Ao remate da mesma Touriño e Pereira Neves comprometéronse a traballar para que as relacións entre os dous países aumenten nos vindeiros anos. O primeiro ministro caboverdiano deixou claro que o seu país está aberto ao empresariado galego. Tamén salientou as diferentes oportunidades de negocio que se abren coa modernización das infraestruturas, as finanzas, o turismo e a pesca.

Tamén se avanzou no acordo para establecer no porto caboverdiano de Mindelo unha base loxística que deas servizo aos buques galegos que faenan nas augas daquel país. O obxectivo último é mellorar as condicións de carga e descarga. Pola súa parte, Touriño avanzou que Galiza vai pór en marcha un programa de colaboración para formar inspectores pesqueiros no estado africano.


Ligazóns

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: