Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Visita a Galiza do primeiro ministro caboverdiano

Pereira Neves propón que Cabo Verde sexa base loxística de pesqueiros galegos

En Burela, a "outra illa" caboverdiana, o primeiro ministro do país africano loou o exemplo de integración na vila luguesa.

Redacción - 09:00 22/03/2007

Era "unha débeda pendente", comentou José María Pereira Neves, primeiro ministro de Cabo Verde, durante a súa visita a Burela, onde se reuniu cunha representación dos máis de 200 caboverdianos que viven neste concello da Mariña luguesa. "Cabo Verde son moitas illas dispersas polo mundo, unha delas é Burela", dixo Pereira Neves ao tempo que destacaba a "excelente integración" demostrada en Galiza polos seus concidadáns.

Por outra parte, o primeiro ministro referiuse aos intereses pesqueiros compartidos entre Galiza e Cabo Verde, nunha reunión onde estivo, ademais do alcalde burelés, Xosé María González Barcia, a conselleira de Pesca, Carme Gallego. Na opinión de Pereira Neves, Cabo Verde debe deixar de ser "zona de paso" para os pesqueiros galegos e reconverterse en "base loxística".


Ligazóns

4/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: