Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Preparan o terreo para a chegada de Evo Morales

Limpan de malos espíritos os lugares polos que pasou Bush

A visita do presidente dos EUA a Guatemala deixoulles mal sabor de boca aos indíxenas de orixe maia.

Redacción - 11:25 21/03/2007
Ruínas de Iximché

Ruínas de Iximché

Dicíase que por onde pasaba o cabalo de Atila non volvía medrar a herba, e pode ser que os lugares por onde pasa George W. Bush queden espiritualmente sucios. Iso é, polo menos, o que pensan os maias de Guatemala. Sacerdotes maias limparon de espíritos as ruínas dun antigo centro relixioso guatemalteco onde estivo a semana pasada o presidente dos Estados Unidos.

Dous sacerdotes acenderon candeas de cores nos catro recantos do lugar, en representación dos elementos, queimaron incenso e fixeron soar un tambor no cumio da pirámide de Iximché, que tamén visitara Bush. Aseguraron que querían deixar os enclaves limpos antes da chegada do presidente boliviano, Evo Morales, que tamén visitará a zona este mes.

Os indíxenas criticaron o feito de que os lugares sagrados foran ocupados por francotiradores durante a visita do líder estadounidense, o que consideran unha mostra de violencia e de falta de respecto cara á súa cultura. Tampouco lles agradou que se usara un balón de fútbol pintado de dourado para representar o milenario xogo de pelota diante de Bush. Así mesmo, lembran que os EUA apoiaron durante anos o goberno militar de Guatemala, que masacrou moitos cidadáns de orixe maia.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: