Un estudo británico repara na vaga de equipos obsoletos que vai chegar aos vertedoiros.
Se o Linux fora a primeira escolla nos equipos informáticos, o volume de lixo electrónico que chega aos vertedoiros podería minguar até case a metade das toneladas xeradas actualmente. É unha avaliación tirada da bitácora Ecogeek moi exemplificante sobre o caso que lles contamos.
Os expertos sinalan que os requerimentos do novo sistema operativo que Microsoft puxo no mercado, o Windows Vista, mudarán en obsoletos computadores que con Linux terían unha vida útil máis longa, mesmo de até o dobre de anos.
O dato aparece tamén nun informe recente financiado polo executivo británico, con recomendacións para o empresariado.
Sobre o tema tamén se pronunciou Greenpeace hai semanas, afirmando que "o mundo non está preparado para a masiva chegada de tanto lixo electrónico" e laiándose de que os principais vertedoiros para este tipo de materiais están en países en desenvolvemento.