Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Este venres...

Dende o folc até a música electrónica

A Rede Galega de Música ao Vivo presenta esta sexta feira 16 de marzo quince concertos.

Redacción - 15:22 16/03/2007
Os Fabulosos Cubatas de Fockink Brothers

Os Fabulosos Cubatas de Fockink Brothers

O Pepe Vaamonde Grupo será o primeiro en subir ao escenario. O folc desta formación soará a partir das nove e media da noite no bar Aturuxo de Bueu. Ás dez e media comezarán as actuacións de Renato Spencer & Café Caxaça, no Marrucho de Baiona, e de Coda, na sala Remache de Vigo.

Dende as once, o trío do lugués Marcos Pin tocará no Jazz Vides da Coruña, e o cuarteto de Pablo Bicho no pub D'Antón, da Laracha. Media hora despois, comezarán os concertos de 6pm, na sala Baranda do Barco, e de Blue Rain no Roi Xordo de Allariz.

Quince minutos antes da medianoite está previsto que principie na sala Woodstock de Portonovo a actuación de Querido Salvaje. Ás doce coinciden catro concertos: Cornelius, no Clan de Xinzo de Limia; Lume, no Clavicémbalo de Lugo; Ruxe-Ruxe, na sala DZine de San Sadurniño, e Jaso & Bó, no Verbum Jazz Café de Vigo.

A noite do venres complétana The Sweat, que se achegarán ao Salón Parroquial de Ponteareas ás doce e media, e, á unha, en Melide, Ataque Escampe estará no Pub Gatos e os Fabulosos Cubatas na sala 600.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: