O índice medio de persoas que rillaron nun libro no treito 2004-2006 chega en Galiza ao 51% da poboación, porcentaxe só por riba de Estremadura.
Un 52% dos galegos recoñecía ser lector, segundo a enquisa realizada en 2004. Un ano máis tarde, a porcentaxe baixaba ao 49%. E en 2006, o rexistro sobe ao 53%. A media nese treito queda nun 51%.
A evolución sitúa a Galiza por debaixo da media estatal de lectura, que se mantén estábel arredor do 56%. Madrid, Navarra ou Rioxa son exemplo de comunidades por riba desa cifra, con porcentaxes respectivas do 65, 59 e 59%. Os pechacancelas: Galiza e Estremadura, neste último caso con só o 49% recoñecendo ler algún libro nos tres últimos anos. Malia iso, entre os lectores só unha de cada catro persoas admite ter o hábito diario de abrir un libro.
Son cifras do barómetro sobre lectura da federación estatal de editores.