Ana Míguez, do centro Alecrín, e Nanina Santos, da revista Andaina, ofrecerán diferentes perspectivas sobre este tema en Pontevedra.
A Asociación Cultural
Revira organiza un debate sobre a problemática da prostitución, “fenómeno milenario e universal ligado a o patriarcado”. Este sábado 16 ás 20.00, debaterán no local social desta asociación pontevedresa (no 33 de Arcebispo Malvar) Nanina Santos Castroviejo, do equipo redactor da Revista Galega de Pensamento Feminista,
Andaina, e Ana Míguez, presidenta de
Alecrín.
Dende Revira salientan a auxe experimentada por este negocio en Galiza, ligada a “mudanzas na ideoloxía masculina” e “á chegada masiva de inmigrantes que fornecen esta industria, vinculada ao capitalismo máis mafioso e ilegal”. Tamén manifestan o seu rexeitamento ás medidas gobernamentais: “a lexislación española vixente permite o seu exercicio, mais realiza esporadicamente redadas para lavar a cara”. Como afrontar a prostitución é unha pregunta que suscita unha enorme polémica entre os diversos posicionamentos feministas, dende o abolicionismo até as propostas de legalización e regulamentación.