Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A proposta do Executivo

Os centros galegos no exterior albergarán mesas electorais

A Xunta vaille propor ao Estado que os cidadáns residentes no exterior poidan votar nos seus respectivos centros galegos. O secretario xeral de Emigración sinalou que "será este goberno o que dote de transparencia os procesos electorais".

Redacción - 18:05 09/03/2007
O secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez

O secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez

O secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, propuxo esta sexta feira que os centros galegos no exterior alberguen mesas electorais. Rodríguez sinalou que, unha vez estea implantado o sistema de voto en urna no exterior, o goberno do Estado poderá contar con estas instalacións para calquera cita electoral.

O responsábel do departamento de Emigración compareceu na comisión 1ª do Parlamento para informar do estudo elaborado polo Executivo, sobre o asentamento e distribución de galegos no exterior. A intención é a de estabelecer as primeiras bases para avaliar as características da implantación do voto en urna nos diferentes países.

Transparencia dos comicios
"Despois de moitos anos nos que as condicións do exercicio ao voto no exterior estiveron faltas da suficiente transparencia, será o actual goberno o que dote de lexitimidade e claridade o voto dos galegos emigrantes", declarou Manuel Luís Rodríguez.

Ademais fixo fincapé na necesidade de que deixe de ser cuestionada a lexitimidade do dereito ao votos dos cidadáns galegos no exterior. "Convén consolidar os modelos garantistas e transparentes de exercicio do voto no exterior, tanto para os que o exercen, como para o resto, pois iso xerará confianza nos procesos democráticos en toda a sociedade", engadiu.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: