Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTINÚAN AS CONVERSAS CO SECTOR

O borrador para pór en marcha o clúster do téxtil estará listo nun mes

A unión do téxtil, o segundo sector que máis factura logo da automoción, é prioritaria para Industria. Mentres continúan as negociacións co empresariado, Fernando Blanco, sostén que o clúster vai ser un "elemento dinamizador".

Redacción - 07:00 08/03/2007
O téxtil é un dos motores da economía / Foto: xunta.es

O téxtil é un dos motores da economía / Foto: xunta.es

En 2006 as empresas do téxtil galego presentaron unhas cifras de exportación de téxtil que superaron os 1.700 millóns de euros. A cifra fala por si soa, soamente o sector da automoción ten máis peso na economía do país. O pasado día 26 de febreiro produciuse o primeiro encontro formal entre representantes da Xunta, empresarios e sindicatos. Aínda así o camiño non é doado.

Tal e como adiantaba este xornal o pasado mes de decembro, a intención inicial de Industria era potenciar a unión de pequenos e medianos talleres baixo unha marca única e fomentar unha rede propia de distribución. A consellaría elaborou un importante estudo no que se facía unha radiografía do sector. A febleza do sector diante dos primeiros sinais de deslocalización era un dos diagnósticos máis preocupantes.

Elemento dinamizador

Fernando Blanco destacou que detrás da creación deste clúster, que o conselleiro definiu como un “elemento dinamizador” do sector. O conselleiro de Industria tamén lembrou este mércores en Vigo que a Xunta ten programado un centro e unha plataforma tecnolóxica do téxtil.

Porén, o acordo non semella nada doado. Por un lado os sindicatos falan da necesidade de loitar frontalmente contra a precarización laboral e pola outra, o empresariado, da necesidade de flexibilidade nas contratacións. Sexa como for, por primeira vez hai vontade de buscar novas vías que garantan unha maior planificación na progresión económica no sector.


4,38/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: