Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AXUDA ÁS MULLERES

Até 275 "salarios da liberdade" en 2006

É clave garantir a independencia económica das mulleres maltratadas que marchan do fogar.

Redacción - 19:31 06/03/2007

Conseguir que as mulleres maltratadas poidan gozar de independencia económica respecto dos seus agresores unha vez que deciden dar o paso de deixar o fogar veuse amosando como unha necesidade fundamental. En 2006 e desde a posta en marcha do proxecto, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar recibiu 467 solicitudes do chamado "salario da liberdade". Destes, concedéronse 275 e outros 192 están en trámite na actualidade.
Bautizado mediaticamente como "salario da liberdade", a paga de 600 euros ao mes durante un ano responde ás recomendacións dos expertos para axudar a combater a resinación e o sometemento que sofren moitas mulleres durante anos, en situacións de reiterado maltrato por parte das súas parellas. Durante a presentación do proxecto a finais de 2005, o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, reflexionaba ao respecto que a baixa taxa de denuncias por malos tratos en Galiza estaría relacionada co problema da dependencia económica que en moitas ocasións padecen as vítimas "e que lles impide dar o paso de denunciar a súa situación".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: