"Agora non hai escusa de que se fala sen papeis", queixábase en días pasados o conselleiro de Industria, Fernando Blanco. Na mesa estaba o plan da Xunta para botar man dos terreos infrautilizados pola factoría Navantia-Fene. Un proxecto liderado por Barreras e co aval das caixas galegas que cun investimento de 40 millóns de euros propón a creación de até 300 empregos directos e arredor de 2 mil indirectos. Paradoxalmente, a iniciativa bateu coa oposición da Sociedade Estatal de Participacións Industriais, SEPI, que se opón á cesión dos predios.