O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, anunciou este mércores que a partir do mes de marzo grupos de voluntarios van comezar a patrullar os montes. O dispositivo ten unha función preventiva e agárdase que no mesmo participen máis de tres milleiros de persoas. Medio Rural xa ten delimitadas once zonas de alto risco que comprenden corenta concellos. Os voluntarios recibirán unha formación previa e contarán con material axeitado. A actuación entra dentro do programa de Voluntariado en Defensa do Monte, no que xa se inscribiron 6.200 persoas.