Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O FUTURO DA AUTOESTRADA SANTIAGO-OURENSE

Redución ou supresión: A peaxe da AP-53 entra en precampaña

No treito final do último goberno do PPdeG, os concellos do contorno da comarca do Deza, por onde atravesa o treito xa construído da autoestrada AP-53, iniciaron a loita para a redución da elevada peaxe imposta. Xa na oposición, o PPdeG incorpora a demanda, antes non atendida, dun grupo de rexedores maioritariamente deste partido. Dunha parte, lembran que PSdeG e BNG non apoiaron a súa recente proposta de emenda para rebaixar a peaxe nun 25%. Por outro lado, acusan o candidato socialista en Ourense de usar o tema para unha "chantaxe á cidadanía".

- 08:02 26/01/2007
Tags:

A polémica xorde pola proposta do candidato socialista á alcaldía de Ourense, Francisco Rodríguez, de iniciar a loita para tentar suprimir a peaxe da autoestrada AP-53. Ao respecto, opinan os populares que é "unha chantaxe" condicionar o apoio á medida a unha vitoria electoral dos socialistas na cidade.

"É unha incoherencia", afirma Alexandre Gómez, voceiro de infraestruturas do PPdeG, "os socialistas estivéronse opoñendo a esa medida no Parlamento e noutras institucións, como é o Concello de Lalín".


0/5 (0 votos)