O netlabel A Regueifa Plataforma acaba de publicar o EP de Os Quinindiolas, grupo formado por Pepe Sendón, Xelís de Toro e Fran Pérez a comezos dos anos 90. O disco, gravado integramente en galego en 1991, nunca chegara a publicarse, até agora. Houbo que agardar á eclosión da música galega na rede para poder gozar dos seus cinco temas, que se poden descargar de balde da web da plataforma, onde tamén Sendón conta a historia do grupo, que acabou separándose co nacemento da Sala Nasa.