A Plataforma pola Recepção das Televisões Portuguesas na Galiza bota a andar unha campaña para normalizar a recepción do sinal das televisións portuguesas en Galiza.Esta petición xa chegou ao Consello de Europa, que esixe o cumprimento do artigo 11.2 da Carta Europea das Linguas Minoritarias: "as partes comprométense a garantir a liberdade de recepción directa das emisións de radio e televisión dos países veciños nunha lingua utilizada baixo unha forma idéntica ou próxima dunha lingua rexional ou minoritaria, e a non oporse á retransmisión de emisión de radio e de televisión dos países veciños nesa lingua". No Canal Lusofonía podemos escoitar opinións dende a Consellería de Cultura nunha reportaxe emitida o ano pasado pola canle portuguesa SIC.