Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O GOBERNO RENUNCIA Á ANULACIÓN DAS SENTENZAS DA REPRESIÓN FRANQUISTA

A lei da memoria segue adiante sen as emendas propostas

Os votos dos deputados de PSOE, CiU, PNV e Coalición Canaria, serviron este xoves para que o proxecto de lei sobre Memoria Histórica pasase o seu primeiro trámite no Congreso. A suma destes grupos rexeitou as emendas á totalidade presentadas por PP, IU-ICV e ERC. No primeiro caso, os populares opinaban que a proposta racha "o pacto de convivencia" da transición. Moi diferente foi a interpretación de IU e ERC, desde onde acusan ao executivo de frustrar as "esperanzas de xustiza" das vítimas da Guerra Civil e da represión franquista. Porén, a vicepresidenta do goberno, encargada de defender a iniciativa, insistiu en que a lei está inspirada no espírito de "concordia" da transición.

  • Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e o colectivo galego Memoria Histórica Democrática
  • Vieiros da Escola: Memoria do 36
  • No blogomillo: 1934, en O Blog do meu avó

- 15:48 14/12/2006
Tags:


0/5 (0 votos)