A protesta que protagonizaba medio cento de bombeiros diante da Deputación da Coruña acabou con cinco destes profesionais feridos e outros dous detidos. Dous dos bombeiros tiveron que ser trasladados ata o hospital Juan Canalejo para que os atendesen aos servizos sanitarios. Os graves incidentes producíronse logo dunha carga policial contra os concentrados, que pretendían entrar na institución para facer ouvir as súas reivindicacións laborais.