Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
COMPETIDORA DA XBOX 360 E DA PLAY STATION 3

A consola de videoxogos Nintendo Wii chega este sábado ás tendas galegas

O nove de decembro foi a data marcada pola compañía xaponesa Nintendo para o lanzamento europeo da súa nova consola, a agardada Wii. A maior parte das tendas galegas xa confirmaron que a primeira partida de unidades pouco vai durar nos estantes xa que non foron poucos os que a reservaron con antelación. Que ten a Wii para crear tanto rebumbio?. Pois unha aposta clara para rachar coa idea de que os videoxogos son para nenos e adolescentes. Logo de triunfar no público adulto (e en concreto co feminino) coa consola portátil Nintendo-DS, a compañía xaponesa revoluciona coa Wii a forma de gozar dos videoxogos.

- 12:12 08/12/2006
Tags:

Será a máis barata das tres consolas de "nova xeración" que loitarán por facerse un oco no mercado. Desde este sábado, por uns 250 euros poderase mercar unha Wii fronte os 300 da Xbox 360 ou os máis de 500 que custará a Play Station 3 cando chegue as nosas tendas pola primavera.

Porén, a nova consola non compite co mesmo segmento que as de Microsoft e Sony. A aposta da compañía que popularizou a Super Mario e ben distinta. Deixando de lado o desenvolvemento de gráficos espectaculares, Nintendo creou unha plataforma na que primará a diversión por enriba de todo.

Como punta de lanza o seu revolucionario control, o Wiimote. Trátase dun controlador sen fíos que recoñece os movementos do xogador no espazo. Así, cun tamaño similar ao dun mando a distancia convencional, co control da Wii pódese empuñar de diferentes xeitos: como unha raqueta de tenis, un bate de béisbol, unha caña de pescar, unha espada, unha batuta e sigue contando.

Todo isto cunha serie de xogos nos que non é necesario ler o libro de instrucións para comezar a xogar. Máis intuitivos, sinxelos e sobre todo, máis divertidos á hora de xogar acompañado. Segundo Luciano Pereña, director xeral de Nintendo España, a empresa viu que "o modelo actual estaba esgotado" e por iso decidiron cambiar radicalmente a concepción do ocio electrónico.

Os seus compatriotas da Sony xa viron no público non adicto aos videoxogos un filón e nos últimos anos puxeron á venda diferentes dispositivos e xogos na liña que agora utiliza a Wii. Así a Play Station 2 xa ofrece o Eyetoy, unha especie de webcam para xogar sen mando; o Singstars, un karaoke que puntúa a entoación; ou o Buzz!, un concurso de preguntas e respostas que inclúe catro mandos específicos para premer no caso de saber a resposta.

Xogos de toda a vida e internet
Outra das novidades que incorpora a Wii é a posibilidade de conectarse a internet para consultar diferentes canais, xogar online, navegar co Opera ou incluso descargar xogos vellos de Nintendo para xogar na "consola virtual". Por 5 ou 10 euros os usuarios poderán mercar sen saír do salón xogos da SuperNintendo, Nintendo 64 ou Sega


0/5 (0 votos)