Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ÚLTIMA HORA ASEMBLEA BNG: QUINTANA CONSEGUE UN 62% DE APOIOS

Irmadiños, Pola Base e Alternativa suman un 38% dos votos

Os recontos continúan, pero a composición do Consello Nacional está practicamente pechada, a candidatura "oficial" de Anxo Quintana consegue colocar a 31 representantes; o Encontro Irmandiño a 9; Movemento pola Base, 5; e A Alternativa outros 5. Finalmente, as tres listas opositoras conseguiron un respaldo dun 38% dos afiliados o que lles garante, en caso de acordo, unha salientábel presenza na nova Executiva Nacional do BNG. Sexa como for, os militantes deixan claro que as diferentes tendencias da organización terán que ceder e entenderse entre elas.

  • O BNG aproba futuras asembleas por delegados nunha apretada votación

- 16:34 03/12/2006
Tags:


5/5 (1 votos)