Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

25 de abril: referendo constitucional en Venezuela

Un dos pilares da campaña electoral que levou a Hugo Chavez á presidencia da República de Venezuela foi a necesidade dunha nova constitución e, como primeiro paso, o pobo venezolano foi convocado por decreto presidencial para un referendo consultivo para que se defina sobre a convocatoria dunha asamblea nacional constituinte. Aínda que esta convocatoria está xurídicamente cuestionada dende algúns sectores todo apunta a que o próximo 25 de abril terá lugar o plebiscito, que servirá, entre outras cousas, para amosar cal é o grado de aceptación de Chávez polo electorado venezolano.

- 13:44 15/03/1999
Tags:

Hugo Chávez asumiu o día 2 de febreiro a presidencia da república de Venezuela despois dunhas imprevisibles eleccións nas que os dous partidos principales que formaban o teórico goberno e a oposición aliaronse contra a coalición que respaldaba a Chávez.

Un dos pilares da campaña electoral foi a necesidade dunha nova constitución e, como primeiro paso, o pobo venezolano foi convocado por decreto presidencial para un referendo consultivo para que se defina sobre a convocatoria dunha asamblea nacional constituinte. Aínda que esta convocatoria está xurídicamente cuestionada dende algúns sectores todo apunta a que o próximo 25 de abril terá lugar o plebiscito, que servirá, entre outras cousas, para amosar cal é o grado de aceptación de Chávez polo electorado venezolano.

No transfondo de todo este proceso subxacen graves problemas económicos, problemas de convivencia social e problemas de desencanto político cara uns partidos oligárquicos que gobernaron a república nos últimos cuarenta anos cunha impresionante estela de corrupción e amiguismo que levaron a Venezuela a unha situación crítica salpicada de episodios de levantamentos populares e militares.

As propostas do presidente venezolano para a elección da asamblea que redactará a nova constitución establecen unha duración de seis meses para o proceso, durante ese periodo suponse que Chávez gobernara por decreto e sen control parlamentario de ningún tipo. Tamén suxire que os partidos políticos non poderán propoñer candidatos e os que aspiren a un cargo terán que xustificar ante a comisión electoral unha porcentaxe de firmas que avalúen a súa candidatura.

O MVR (Movemento para a V República) foi o partido que fundou Chávez para a súa candidatura á presidencia da república, trátase dun movemento político de certa raigambre militarista. Estivo apoiado ademais por outros partidos políticos encadrados nun amplo espectro: dende a extrema esquerda á extrema dereita pasando por partidos de corte socialdemócrata, formando o que se llama o Polo Patriótico.

O resultado das eleccións presidenciais manifesta a necesidade da República de Venezuela dun profundo cambio político.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: