Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A XUNTA PROBARÁ ALÍ A SÚA PRIMEIRA REDE WIMAX ANTES DE ESPALLALA POLO RURAL

A banda larga chegará á comarca do Courel o ano que vén

Medio Rural comezará a instalar unha rede de Wimax no Courel en 2007. A Xunta escolleu esta comarca para probar por primeira vez esta tecnoloxía no rural. O Wimax permite conexións de banda ancha sen ter que instalar cables. Outras zonas, como os Ancares e A Fonsagrada poderían ser as seguintes en beneficiarse. Malia todo, o carácter piloto da iniciativa mostra as dificultades da promesa estatal de garantir o acceso universal antes de 2008.

- 07:52 24/11/2006
Tags:

A tecnoloxía Wimax é unha das grandes promesas para levar a banda larga ao rural, pois permite a recepción de ata 70 Megabits por segundo e ten un alcance máximo de 50 quilómetros. A súa capacidade de transmisión é maior ca do Wifi, a tecnoloxía sen fíos máis popular hoxe.

O aceso a banda larga é unha dos principais lastres para incorporar o rural galego á sociedade da informacion (SI). Os datos do Plano Estratéxico Galego da SI indican que en 7 de cada 10 núcleos de poboación en Ourense e Lugo non pode contratarse este servizo.

Polo de agora, non hai prazos pechados para a experencia do Courel, aínda que Medio Rural sinala que "ten que estar en marcha o ano que ven". Esta iniciativa ten un orzamento de 100.000 euros, pois o Wimax non implica a instalación dunha gran infraestrutura.

Está previsto que o Wimax se espalle, dentro do mesmo programa, a outras oito areas de concellos con pouca densidade de poboación. A Xunta sinalou á Fonsagrada e á zona dos Ancares como as zonas nas que se podería seguir instalando.

Cómpre lembrar que o pasado venres, o goberno central prometeu o aceso universal á internet para finais de 2007. Sen embargo, o carácter piloto e experimental de iniciativas como a lanzada pola Xunta, fai difícil crer que as administracións poidan cumprir ese prazo.

O proxecto do Courel está aínda en fase de redacción e nel colaboran os departamentos de Desenvolvemento Rural e a de Sociedade da Información, da Consellería de Innovación e Indústria.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: