Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O GRUPO LUGUÉS DEBUTA

Zimmer 103 edita Hatt Trick na Regueifa

Influídos por Magnetic Fields, The Clash e LCD Soundsystem, Zimmer 103 debutan con Hatt Trick, cinco temas en galego que mesturan pop, folk e electrónica sen medo ningún. A Regueifa edita por fin este agardado traballo do grupo lugués, que xa nos deleitou no verán cun dos seus "ghits": 'A min non t'bes'. Agora temos tamém 'A pöxa', 'Hatt Trick', 'Deep Paprika' e 'Phumes de Marrakec' prestos a seren descargados do netlabel máis frutífero de Galiza.

- 10:21 08/11/2006
Tags:

"Contaminados por estímulos coma terra amasada nos ollos, mil agullas conéctannos por empates electrónicos invisíbeis. A modernidade que nos envolve e nos fire tamén sofre cando empuñamos a ironía con carraxe pop. Desde as lameiras frías do norte ás seis da mañá, desde os semáforos mexados en verde polas rúas que cocen o pan de cada día, desde as obras que sangran tubos e coches facendo o amor, co bafo quente dos microchips, coa lingua pornográfica dos ceros e os uns, co código binario da carraxe e da elegancia, a cultura popular colle da man e gaña o pulso á modernidade apodrecida do discurso único. Quérennos tristes, queimados, enlamados no gasoil do desengano: a resposta pop, corpo a corpo, democrática e popular, desde os cuartos escuros do Instituto Galego do Son. Future Sounds of Galician Pop Army. Zimmer103, ese francotirador que non ves e che dispara." Con esta descrición de Xavier Campos, non podemos deixar de escoitar a súa música, tan arriscada como eses postulados que anuncian a revolución popular-cibernética.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: