Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
CO OBXECTIVO DE QUE NOS MIREN COMO IGUAIS

A Academia Galega da Língua Portuguesa busca incluir a Galiza na lusofonía

O V Coloquio Anual da Lusofonía foi o lugar escollido polo profesor Martinho Montero Santalha, catedrático da Universidade de Vigo, para expor a idea da creación da Academia Galega da Língua Portuguesa. Segundo o docente, "temos que ter unha institución que para o resto do mundo lusófono sexa claramente lusófona e comprenda así a lingua portuguesa da Galiza, non a lingua galega". Ademais de desmarcarse da Real Academia Galega, que considera como un labor castelanizante do idioma.

- 18:03 24/10/2006
Tags:

Ao se cumpriren os 100 anos da da Real Academia Galega, o dito profesor propuxo, no marco destas xornadas, a constitución "dunha academia galega da lingua que facilite a incorporación da Galiza à lusofonia". Entre os motivos expostos polo promotor desta iniciativa atópanse a imposibilidade de colaboración coa Real Academia Galega, que, no seu endender, nas últimas décadas adoptou un modelo castelanizante para o galego, ademais da necesidade de a Galiza ter uma instituición quen de representala noutros organismos internacionais, explicou Montero.

O profesor afirmou que "continuar a falar de galego é un dos grandes problemas". Segundo explicou, tiveron o mesmo problema os brasileiros, que utilizaron durante algún tempo o nome lingua nacional, por non chamarlle lingua portuguesa, polo que deu en afirmar que "chamarlle lingua galega ao que é língua portuguesa da Galiza para todo o ámbito lusófono é unha maneira de enganalos", porque é un xeito de facerlles ver que iso non ten nada que ver con eles, concluiu.

Montero Santalha (Cerdido, 1947) estudou Filosofia e Teoloxía en Roma, e é doutor en Filoloxía Galego-Portuguesa cunha tese sobre a rima da poesía trovadoresca. Ten publicados varios traballos sobre temas filológico-literários. É autor do estudo Carvalho Calero e a sua obra e do livro de relatos Oxalá voltassem tempos idos! Memórias de Filipe de Amância, pajem de Dom Merlim. Con estas dúas últimas obras gañou o premio Carvalho Calero, nas dúas modalidades, de investigación e de creación literaria respectivamente. É tamén cofundador da AGAL, ademais de ter sido profesor de inglés e actualmente é Catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Vigo.


5/5 (5 votos)