Unha web da Costa da Morte fai unha chamada urxente de socorro para salvar un dos espacios de grande interese natural e cultural mellor conservados en Galicia: os penedos de Fisterra, ameazados pola implantación dunhas canteiras para a extracción de granito. A paraxe dos Penedos de Pasarela e Traba arrinca arrinca no interior da comarca da Terra de Soneira para desembocar, a 4 km., na zona da costa atlántica coñecida como Costa da Morte. Constitúena unha sucesión de vales e montes coroados por unha serie de moles graníticas que crean unha paisaxe singular de perfís dentados. Unha empresa de extracción de granito en bruto empezou xa a explotar unha canteira nunha das zonas máis representativas. Se ben a inmediata reacción da sociedade desta comarca permitiu a paralización temporal das obras, os promotores da páxina buscan unha resposta social máis ampla para que dita paralización sexa definitiva e se prohiban no futuro casos como este. Para iso, convidar a enviar correos e faxes a diversas institucións.
.