Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barbanza

Edición xestionada por Adolfo Muíños
RSS de Barbanza
DESDE O 5 DE AGSOTO EN RIANXO AO 10 DE AGOSTO EN PORTOSÍN

O Barco da Memoria chega ao Barbanza

Este sábado 5 de agosto, ás 12 h., o peirao de Rianxo acollerá a chegada do vapor Hydria II e con el o acto institucional de apertura da Semana da Memoria no Barbanza, promovida pola Consellaría de Cultura e Deportes, os Concellos de Rianxo, Boiro e Porto do Son e as asociacións culturais Barbantia e a Real e Ilustre Cofradía da Dorna. Na adega do barco viaxa a exposición Os mártires do mar. A represión franquista contra os mariñeiros galegos. Procederase á súa apertura e á lectura dunha declaración institucional realizada pola profesora Aurora Marco. Está pevista a participación do Director Xeral de Creación e Difusón Cultural, o nacionalista Xosé Luís Bará.

- 13:43 04/08/2006
Tags:

Nesta mesma mañán desenvolverase un recital e presentación do libro editado pola Xunta de Galiza Poemas pola memoria, coa de Xesús Rábade Paredes e Helena Villar Janeiro, para dar paso a unha homenaxe aos prisioneiros republicanos e ás vítimas represaliadas cunha ofrenda floral no monolito do Castillo e no cemiterio de Pedra Vixia onde están os irmáns Ínsua.

Á tarde ás 20:30 h., presentarase o libro Saúde e República. Rianxo (1930-1936). Política e Sociedade, de Xesús Santos e Xosé Comoxo, editado polo Concello de Rianxo. A Continuación, desenvolverase un relatorio sobre Os campos de concentración nas comarcas de Sar, Muros-Noia e Arousa Norte, a cargo dos investigadores Xesús Santos e Xesús Costa Rodil. No Campo de Rianxo ás 22.30 h. concerto musical a cargo do grupo A Quenlla que pechará os actos do sábado.

O domingo 6 de agosto ás 12 h., Mesa Redonda sobre A represión en Galiza. A traxedia do Bou Eva e outros temas con Xosé Luís Axeitos, Isaac Díaz Pardo e Xesús Alonso Montero.

Coa proxección ás 20:30 h. do documental Os tempos do Wolfram rematrán os actos en Rianxo para se dirixir na seguinte xornada a Boiro onde continuará cun extenso programa.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: