Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DÚAS DUCIAS DE COLECTIVOS APOIAN

Medio milleiro de persoas concéntrase en apoio dos penedos de Pasarela

"Onde estaba un dos lugares máis singulares e fermosos de Galiza quéreselle deixar paso á desolación". Comentaba así o escritor Manuel Rivas a súa indignación durante a marcha en defensa do patrimonio natural galego apoiada por diferentes colectivos ecoloxistas e culturais, e convocada por Adega para "salvar esta paraxe única da especulación depredadora e facer respectar a resolución do Parlamento Galego do pasado 15 de marzo que instaba a declaración deste espazo como Monumento Natural". Paradoxalmente, o concello de Vimianzo apoia inicialmente o permiso para a canteira que implicaría a destrución do lugar.

  • Anterior: O Parlamento apoia a declaración de Monumento Natural para os Penedos de Traba
  • Opina no foro de Vieiros

- 07:03 12/06/2006
Tags:


0/5 (0 votos)