Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CORRUPCIÓN EN FRANCIA

Chirac estaba ao tanto do caso de espionaxe política "Clearstream"

O xornal francés "Le Monde" publicou onte documentos que apuntan a que o presidente da República, Jacques Chirac, coñecía a orixe do caso de espionaxe política "Cleartream". O rotativo galo sacou á luz fragmentos das notas manuscritas do xeneral Philippe Rondot, que foi o encargado de investigar en 2004 a un grupo de empresarios, axentes segredos e políticos, entre eles o ministro de Interior, Nicolas Sarkozy, por un suposto cobro de comisións da venda de fragatas en 1991. Logo de descubrir a falsidade de estas acusacións, abriuse unha investigación xudicial para desvelar quen estaba detrás e se existía intención explícita de desprestixiar aos políticos involucrados. As notas publicadas sinalan que tanto Chirac como Villepin tiñan coñecemento do "caso Clearstream" desde o seu comezo e acusan ao empresario Jean-Louis Gergorin, quen dimitiu o mércores como vicepresidente da empresa aeroespacial e de defensa EADS, como informante inicial das falsas contas bancarias. Nas notas do xeneral Rondot hai varias alusións a necesidade de "protexer" a imaxe de Chirac e unha petición de cautela por parte de Villepin, xa que se se descubre a súa implicación ou a do presidente da República "nós caemos".

- 08:41 12/05/2006
Tags:


0/5 (0 votos)