Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O NOMEAMENTO PRODUCIRASE A VINDEIRA SEMANA

Benigno Sánchez será o novo director xeral da CRTVG

O xefe da Inspección de Traballo da Coruña, Benigno Sánchez García, será o novo Director Xeral da CRTVG en substitución de Francisco Campos, segundo adiantou El Correo Gallego. A opción de Benigno Sánchez, que presidiu o Consello Galego de Relacións Laborais, sería a proposta do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, para tentar reorientar a xestión económica e laboral do ente público. O secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, anunciou este venres que o goberno fará público a semana que vén o nome do director xeral da campañía. Como director da TVG perfílase o xornalista Suso Iglesias, o creador do Xabarín Club que na actualidade dirixe o magazin Máxima Audiencia. Soan tamén os nomes de Xosé Manuel Pereiro, para a dirección de programas e o de Roberto Cid para dirixir os informativos.
Anteriores: A dirección da CRTVG comunicalle a finalización do contrato a máis de 100 traballadores

- 11:58 24/09/2005
Tags:


0/5 (0 votos)