Crear un espazo de experiencias e intercambio entre o profesorado de Galiza e Portugal que se están levando a cabo arredor das TIC nas escolas e reflexionar sobre os principais retos que dende o punto de vista didáctico e curricular terán que enfrontarse coas TIC nos próximos anos, son obxetivos destacados deste primeiro Congreso Ibérico sobre A Fenda Dixital. Organizado por Nova Escola Galega terá lugar en Silleda entre os días 6 e 8 do próximo mes de setembro. Velaquí o programa completo(.pdf).